A regularización extraordinaria aprobada en 2026 supón unha oportunidade única para millóns de persoas estranxeiras que residen en España e desexan acceder a unha autorización de residencia e traballo. Se tes dúbidas sobre quen pode solicitala, que documentación é necesaria, ata cando pode presentarse a solicitude ou que ocorre mentres se tramita o expediente, entre outras cuestións, preparamos unha guía sinxela que explica os aspectos máis importantes do procedemento: os requisitos, os prazos, as distintas fases do expediente, os efectos da admisión a trámite e os pasos que deben seguirse unha vez obtida unha resolución favorable.
📄 Descarga a guia e aclara as túas dúvidas
Se tes dúbidas sobre a túa situación concreta ou precisas asesoramento para presentar a túa solicitude, podes escribirnos a: regularizacion@ecosdosur.org ou contactar connosco por WhatsApp no: 604 089 178.
