Acompañamos o teu camiño
cara á vida que queres vivir

Cóntanos ata onde queres chegar
e camiñaremos contigo.

Coñece os nosos servizos para ti

Todos son gratuítos e con cita previa

Primera acogida

Primeira recepción

A primeira vez que veñas a Ecos do Sur terás unha entrevista cunha persoa do noso equipo para coñecer cal é a túa situación e que precisas. A partir dese momento, poderás acceder a todos os servizos que ofrecemos.

Mediación intercultural

Mediación intercultural

Un equipo internacional que che axudará a comunicarte coas institucións e acceder aos recursos da túa contorna, como a sanidade, a educación ou a administración. Acompañamos, explicámosche e achegámoste á realidade da cultura que te acolle.

Mediación intercultural
Salud mental

Saúde mental

Moitas veces atopámonos con retos psicolóxicos que nos causan malestar. Se te atopas nun momento de bloqueo difícil de resolver, ponte en contacto connosco. O noso equipo de profesionais psicolóxicos axudarache a xestionar a situación.

Trabajo social

Traballo social

Informámosche de todos os recursos sociais aos que tes dereito e acompañámoste no proceso de solicitude de prestacións, bolsas e calquera outra axuda para cubrir manutención, vivenda, abastecemento ou escolarización.

Trabajo social
Asesoría jurídica

Asesoramento xurídico

O noso equipo xurídico experto en Inmigración e Protección Internacional traballa para garantir que todas as persoas migrantes coñezan e accedan aos seus dereitos. Se necesitas apoio nalgún proceso administrativo, podes contar con Ecos do Sur.

Formación

Formación

Dende a aprendizaxe da lingua española ata a formación como axudante de cociña. En Ecos do Sur organizamos cursos a distintos niveis para que poidas acadar os teus obxectivos: desenvolverte na sociedade de acollida, conseguir un título oficial, atopar traballo…

Formación
Empleo

Emprego

O noso equipo de emprego acompañarache ata chegar aos teus obxectivos profesionais, tanto se o teu obxectivo é conseguir un contrato laboral como se soñas con montar o teu propio negocio ou poñer en marcha unha cooperativa.

Necesitamos xente coma ti, comprometida coa consecución dun país máis próspero, xusto e orgulloso da súa diversidade.

Actuamos contra a crise da desigualdade

Golpea a quenes xa afrontan os obstáculos máis duros: migrantes e refuxiados, mulleres e nenos.

Colabora

regala oportunidades e cambiarás a historia. Ligazón á sección

Os nosos proxectos

sabe todo o que estamos a facer agora. Ligazón á sección.

Os nosos servizos

descobre como podemos axudarche. Ligazón á sección