Activación social
activación social · voluntariado xuvenil

Xuventude no foco

Programa de voluntariado xuvenil

Estratexia de Ecos do Sur para poñer en valor a participación da mocidade na sociedade.

Por que poñemos o foco na xuventude? Porque urxe afrontar as desigualdades tanto actuais como futuras, e para iso a súa participación é crucial.

Cal é a finalidade deste proxecto de activación social? Xerar unha conciencia crítica e social na mocidade galega. Que as persoas mais novas comprendan a importancia de exercer unha cidadanía activa para rematar coas inxustizas socias e se impliquen niso.

De qué maneira o facemos? A través do seu acompañamento as personas migrantes tanto na súa inclusión social como laboral, sobre todo, poñendo en valor a cultura, o lecer e o deporte.

Esta iniciativa está financiada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia con 2.400 € para o ano 2025.

Axúdanos a seguir con iniciativas coma esta asociándote a Ecos do Sur.


Primiera edición: 2022
Edición actual: 2025