Promoción activa e defensa dos dereitos LGTBI+
Promovemos a defensa dos dereitos LGTBI+ dando voz ás súas protagonistas.
Grazas a este proxecto promovemos a defensa dos dereitos das persoas LGBTQI+, así como o rexeitamento firme de calquera comportamento baseado no odio ao non heteronormativo, dando voz ás persoas protagonistas do cambio social. Voces con Orgullo 2025 é a cuarta edición dun proxecto iniciado no ano 2021, co que continuamos fortalecendo un espazo de referencia para a información, o acompañamento e a acción colectiva a prol dos dereitos LGBTQ+, dende unha perspectiva de dereitos humanos.
O proxecto pon especial énfase na creación e consolidación dun Espazo de Información e Asesoramento, tanto individual como grupal, con atención personalizada en materia de dereitos sociais. Este espazo será atendido desde un enfoque multidisciplinar por persoal especializado en igualdade, ámbito xurídico e laboral. Así mesmo, promoverase a creación de espazos de formación e activismo, orientados a que as “voces transformadoras” das persoas migrantes e LGTBI+ sexan escoitadas pola cidadanía, fomentando a súa participación activa na construción dunha cidade diversa, aberta e comprometida coa defensa dos dereitos humanos.
Por último, o proxecto inclúe accións de difusión, sensibilización social e empresarial, implicando a entidades e empresas que desexen posicionarse como referentes de tolerancia cero fronte á discriminación e ao odio cara ao non heteronormativo, especialmente no ámbito laboral.
Voces con Orgullo está financiado polo Concello da Coruña cun importe de 5.422,99 euros para 2025.
Podes apoiar este e outros proxectos semellantes asociándote a Ecos do Sur.
Primeira edición: 2021
Execución: 2025
