Dereitos esenciais
despoboación · innovación · vivenda · vivienda

Vivenda Galicia

Comparte vida, compañía e esperanzas

Todas as persoas necesitan un fogar para ter unha vida plena e cumprir os seus soños, ese é o motivo deste proxecto.

Este programa é unha proposta innovadora que busca novas solucións ás necesidades residenciais das persoas con difícil acceso á vivenda, especialmente as que son migrantes.

Temos en conta un dos problemas sociais aos que se enfronta Galicia: as zonas despoboadas. Con isto en mente, buscamos facilitar o acceso das persoas excluídas do acceso á vivenda naquelas zonas rurais e semiurbanas que teñan vivendas baleiras.

E imos un paso máis alá. Tamén detectamos a situación de soidade dalgunhas persoas que viven en vivendas con espazo para a convivencia. É por iso que este programa quere promover a creación de redes de apoio a prol do acceso á vivenda como impulso para un coliving regulado e interxeracional.

Este proxecto, polo tanto, pretende xerar vínculos sociais entre as zonas que máis necesitan recibir poboación, as persoas que precisan un fogar e aquelas persoas que queren deixar atrás a súa soidade compartindo a súa casa, ou poden ter vivendas baleiras en lugares que están a sufrir o despoboamento. Ademais, realízase un acompañamento integral e unha labor de intermediación entre persoas propietarias e participantes do proxecto.

Esta iniciativa conta cunha subvención da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia de 51.037,79 euros para 2025, e de 51.477,77 euros para 2026. Son moitas as persoas que precisan un fogar, axúdanos coa túa achega, faite de Ecos do Sur. Contamos contigo!


Primeira edición: 2023
Execución actual: 2026