Formación e emprego
formación · Migración · valores de acollida

Valores de acollida

O coñecemento da sociedade de acollida favorece a integración

Estas formacións son recibidas con gran interese polas persoas migrantes.

Manteñen unha actitude positiva e de interese polo coñecemento do idioma, a lexislación e a estrutura administrativa do país de acollida. Este coñecemento, unido ao dos usos e costumes sociais, a cultura do novo barrio, nova ciudade e a súa nova contorna, favorecen o entendemento e a participación social. Todos queremos formar parte da sociedade na que vivimos, ter un papel activo e participativo require saber como é o novo contexto.

IEste curso proporciona unha formación flexible as necesidades das persoas migrantes e resalta os aspectos fundamentais da chamada sociedade de acollida. Deste xeito, aprenden sobre deberes e dereitos, sobre como funcionan o Estado e a Administración. Esto sen deixar de lado a importancia dos saberes de “cultura xeral”: figuras culturais, populares e artísticas, comidas típicas, expresións e costumes diversas que conforman este país.

Este proxecto está financiado poa Consellería de Política Social e Xuventude de la Xunta de Galicia dentro do marco do proxecto europeo FSE+ Galicia 2021-2027 con 10.045€ para 2024. Axúdanos coa túa contribución, faite de Ecos do Sur. Contamos contigo!


Primeira edición: 2012
Edición actual: 2023-2025