Dereitos esenciais
Integración · Migración · saúde mental · ulises

Ulises

Asistencia profesional en saúde mental

Acompañamos emocionalmente as persoas na súa viaxe máis longa: cando chegan a destino.

Migrar é moito máis ca unha viaxe, é un cambio vital que impacta na saúde mental. Este programa é un apoio esencial para o dereito a ter unha vida plena. Ofrecemos terapia de grupo e tamén individual as persoas que máis o precisan e non teñen capacidade de accederen a unha clínica psicolóxica polos seus medios. Ademáis, o noso equipo está especializado no síndrome de Ulises: o impacto que ten migrar na saúde mental. Todo dende unha perspectiva de xénero que enriquece as intervencións.

Grazas a este proxecto, dotamos ás persoas das ferramentas necesarias para a súa autonomía persoal, así como abordamos problemas de saúde mental como a depresión, o estrés postraumático e a ansiedade crónica, entre outros. As actividades grupáis, pola súa parte, favorecen a integración social e xeneran redes de apoio indispensables para o avance da terapia. O resultado é unha comunidade inclusiva e respetuosa que beneficia á toda a sociedade. 

Esta iniciativa está financiada pola Deputación da Coruña con 29.588,67€ para o ano 2025.

Apoia este e outros programas formando parte de Ecos do Sur.¡Asóciate!


Primeira edición: 2004
Edición actual: 2025