Loitamos contra a trata de persoas
Este proxecto xorde da ambición de combater unha das violencias máis dolorosas: a trata de persoas con fins de explotación sexual.
As mulleres e nenos migrantes afrontan un maior risco de acabar sendo vítimas de diferentes formas de malos tratos e explotación, sobre todo se se atopan nunha situación administrativa irregular en España, sen redes de apoio e sen recursos económicos para sobrevivir. Ecos do Sur ten como obxectivo combater un destes riscos: trata de persoas.
O proxecto céntrase en promover o proceso de detección precoz de sinais de trata e/ou explotación sexual de persoas migrantes, con especial atención ás mulleres. Cun enfoque integral, fcontamos cun servizo de asistencia xurídica especializada, mediación entre iguais e detección de casos en visitas á rúa. Abordamos tamén a saúde sexual e reprodutiva facilitando o acceso a asistencia social, psicolóxica e sanitaria, e derivación a recursos especializados cando é preciso.
Todo isto, desde unha perspectiva enriquecedora de intercambio de experiencias coas entidades que operan en cada Comunidade Autónoma co obxectivo de conxugar esforzos e coñecementos.
Proxecto levado a cabo en coordinación coa Federación Red Acoge, financiado con 31.556,32 euros para Galicia dende o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións e cofinanciado pola Unión Europea, a través dos Fondos Europeos.
Axúdanos a loitar contra a trata de persoas, faite de Ecos do Sur. Contamos contigo!
Primeira edición: 2024
Execución: 2026

