Formación e acceso dixital aos trámites administrativos
Chegar a un país novo require aprender como funciona a Administración, e mellor aínda se podemos acceder a eles a través de Internet.
O curso que ofrecemos de xeito gratuíto sobre trámites administrativos e competencia dixital permite coñecer como acceder á Administración Pública e aos procedementos que ofrece. Ademais, na actualidade, a maioría das administracións esixen as solicitudes en liña, o que pode supoñer unha nova barreira para aquelas persoas sen coñecementos dixitais.
Estas clases son moi demandadas, pois son unha base para a liberdade civil que permite exercer os dereitos e obrigas cidadás. Grazas a este proxecto, as persoas migrantes coñecen cales son e como se tramitan as esixencias administrativas estatais, rexionais e locais do país. Todo complementado coa formación dixital para acceder á homologación de estudos, a obtención de permisos varios ou a solicitude do padrón municipal, entre outros.
Este proxecto está financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia con 1207.60€ en 2025, 3622,80€ en 2026 e 1207,60€ en 2027 dentro do proxecto FSE+ Galicia 2021-2027.
Son moitas as persoas que precisan o teu apoio, faite de Ecos do Sur. Contamos contigo!
Primeira edición: 2014
Execución actual: 2025-2027
