Atención ás necesidades básicas
Servizo de prevención e primeira atención para avaliar, orientar e informar para identificar e resolver situacións de risco e factores de vulnerabilidade.
A través do proxecto Ti Solicitas acompañamos ás persoas individualmente para estudar a súa situación, comprender o que necesitan e informarlles dos recursos e beneficios que o Sistema Galego de Servizos Sociais pon á súa disposición.
A xente en situacións de especial vulnerabilidade enfróntanse á burocracia e aos procedementos para resolver as súas necesidades con dificultade e confusión.
O noso obxectivo é acompañar ás persoas nestes procesos, mediar solicitudes e mostrarlles como ser autónomos no exercicio dos seus dereitos esenciais.
Axudámoslles a saber onde e como poden solicitar a atención que precisan, así como acceder a recursos complexos, como facer solicitudes por medios electrónicos que non sempre está ao seu alcance.
Esta iniciativa conta cunha subvención de 3050€ para 2025 e 6000€ para 2026 pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e con unha cofinanciación parcial pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Son moitas as persoas que necesitan máis apoio, axúdanos coa túa achega, asóciate a Ecos do Sur. Contamos contigo!
Primeira edición: 2018
Execución: 2025-2027
