Atención ás necesidades básicas en saúde
Orientado a familias en grave risco de exclusión social.
A través do proxecto Ti Sanas damos cobertura de necesidades básicas e específicas de produtos de farmacia ou parafarmacia infantil. Tamén cubrimos as necesidades de medicamentos das familias en grave risco de exclusión social.
Buscamos a promoción da saúde e dos coidados dos beneficiarios e, especialmente, dos menores ao seu cargo. Porque a saúde é un dereito esencial que todas as persoas necesitamos para prosperar e acadar os nosos obxectivos vitais.
Traballamos en contacto cos servizos sociais para avaliar os casos máis urxentes que nos son derivados, complementando así outros servizos e recursos do sistema institucional galego. Sempre con especial atención aos colectivos máis vulnerables.
Esta iniciativa conta cunha subvención de 600€ para 2025, 900€ para 2026 e 480€ para 2027 da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e está cofinanciado parcialmente por la Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Son moitas as persoas que necesitan máis apoio, axúdanos coa túa achega, asóciate a Ecos do Sur. Contamos contigo!
Primeira edición: 2018
Execución: 2025-2027
