Dereitos esenciais
alimentación · saúde · vivenda · vivienda · vulnerables

Ti Mercas

Atención ás necesidades básicas dos fogares

Orientado a persoas en risco de exclusión social.

A través do proxecto Ti Mercas cubrimos necesidades básicas de alimentación, hixiene e fogar a persoas en risco grave de exclusión social.

Favorecemos a alimentación saudable e o consumo responsable entre os beneficiarios da axuda alimentaria de emerxencia.

Traballamos en contacto cos servizos sociais para avaliar os casos máis urxentes que se nos derivan, complementando así outros servizos e recursos do sistema institucional galego. Sempre con especial atención a familias con menores ou persoas dependentes ao seu coidado, mulleres vítimas de violencia de xénero, persoas sen fogar, persoas migrantes, menores en centros de reeducación, minorías étnicas, persoas desempregadas, e calquera outra situación que poda aumentar o risco de exclusión social.

Esta iniciativa conta cunha subvención de 600€ para 2025, 900€ para 2026 e 480€ para 2027 pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e está cofinanciado parcialmente por la Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Son moitas as persoas que necesitan máis apoio, axúdanos coa túa achega, asóciate a Ecos do Sur. Contamos contigo!


Primeira edición: 2018

Execución: 2025-2027