Dereitos esenciais
coidados · emprego · formación · traballo social

Ti Concilias

Igualdade nos coidados

Conciliación familiar para unha maior integración social.

Este programa enfócase en persoas con menores ao cargo e que estean a atravesar algunha situación de vulnerabilidade.

A través del, logramos brindar servizo de canguraxe para familias que o necesiten e facémolo con carácter urxente e inmediato: dun día para o outro.

Este servizo diríxese tamén a persoas que participen nas formacións que brindamos, tanto de busca de emprego como de lecer.

Deste xeito, buscamos que as persoas que non conten con redes de apoio para o coidado dos nenos, poidan conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral, xerando maior autonomía e integración social.

E quen coida?

Creamos unha “bolsa de coidadoras” formada por mulleres e homes en risco de exclusión social, en xeral con cargas familiares non compartidas, maiores de 45 anos e sen emprego, a quen se lles brinda formación básica en coidados e primeiros auxilios.

Coidamos, pola súa vez, a propia conciliación das persoas que coidan, que elixen os horarios laborais que máis se axusten á súa realidade e necesidades sen ningunha penalización polos servizos non aceptados (a diferenza das empresas de traballo temporal).

Desta maneira, buscamos favorecer o acceso ao emprego nun dobre sentido: tanto das persoas con menores ao cargo como das persoas que coidan.

Esta iniciativa conta cunha subvención de 35.884,47 euros para 2025 e 29.762,76 € para 2026, por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia na súa convocatoria con cargo ao 0,7% do IRPF.

Ti tamén podes financiar este proxecto asociándote a Ecos do Sur. Contamos contigo!

 


Primeira edición: 2018

Execución: 2025