Dereitos esenciais
Acollida · asesoramento · dereitos · formación · traballo social

TaxBaldeiro

Por un acceso universal aos dereitos básicos

Acompañamos a persoas en risco para lograr a súa plena inclusión social.

O obxectivo deste proxecto é reducir a pobreza de mulleres e homes que estean atravesando unha situación de vulnerabilidade severa ou se atopen en risco de exclusión social.

Como o facemos?

A través de tres camiños:

  • En principio, cubrindo as necesidades básicas das persoas, como as de alugueiro, alimentación e saúde.
  • Logo, acompañámolas para lograr obter unha cualificación profesional ou formación regrada que lles facilite o acceso a empregos.
  • E finalmente, facilitamos o acceso aos trámites administrativos, o pagamento das diferentes taxas e gastos derivados, relativos á renovación de documentación persoal das persoas estranxeiras.

Taxbaldeiro desenvólvese grazas a un financiamento de 92.654,43 euros para 2025 e 96.163,95 € para 2026, procedente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da convocatoria de subvencións con cargo ao 0,7% do IRPF.

Asóciate a Ecos do Sur e axúdanos a independizar economicamente este proxecto.


Primeira edición: 2018

Execución: 2026