Un apoio para a loita contra a exclusión social.
O proxecto SIGA reforza o Servizo de Traballo Social de Ecos do Sur, que ten como principal obxectivo garantir o acceso a recursos sociais así como dar cobertura ás necesidades básicas das persoas en risco social.
SIGA dispón dun servizo de información, orientación, acompañamento e xestión en temas como dereitos sociais, prestacións e recursos, que se materializa en actuacións individuais e grupais.
Durante o ano 2024, esta iniciativa conta co apoio do Concello da Coruña, que achega 1.179€ para o seu desenvolvemento a través da convocatoria de subvencións para iniciativas de interese social.