Un itinerario personalizado para que a xente nova consiga e xenere emprego.
A sociedade non se pode permitir unha nova xeración que non accede ao traballo por falta de oportunidades e ferramentas. Dende Serendipia, ofrecemos formación en novas tecnoloxías e capacitación para a búsqueda de emprego. Atendemos ás persoas novas que máis o necesitan: aquelas que pola súa situación persoal están en risco de exclusión social.
Nesta segunda edición, seguimos a metodoloxía “Learning by doing”. Facemos un primeiro ciclo de obradoiros formativos nos que capacitamos ás persoas para a búsqueda de traballo e, ao mesmo tempo, para que aprendan a formar a outras persoas en riesco de exclusión social. A segunda parte realízase nun entorno real: onde o alumnado se convertirá en profesorado, impartindo obradoiros de orientación laboral.
O resultado é unha inversión social que retorna riqueza á sociedade, xenera emprego e revitaliza vidas.
Esta iniciativa conta con financiación de 30.000 € da Dirección General de Familias, Infancia, Educación y Juventud del Área de Gobierno Familias, Igualdad y Bienestar Social del Ayuntamiento de Madrid, en colaboración con Espacio Geranios.
Ti tambén podes axudar con estes programas asociándote a Ecos do Sur.
Primeira edición: 2022
Edición actual: desde enero de 2024 hasta diciembre de 2025.
