Dereitos esenciais
explotación sexual · mulleres migrantes · sensibilización · trata

Sensibilización e apoio á igualdade

Enfrentamos a violencia sexual contra as mulleres migrantes

Información, sensibilización e acción directa sobre a trata con fins de explotación sexual en Galicia.

A través deste proxecto, Ecos do Sur incide directamente nos espazos das mulleres que padecen e poden padecer esta situación. Concienciamos á sociedade e poñemos o aceno na realidade da violencia que sofren as mulleres en situación de vulnerabilidade. Ademáis, logramos contactar e asistir mediante a entrega de información e enseres de primeira necesidade. Unha asistencia de urxencia coa que podemos contribuír á súa independencia mediante axudas para cubriren as necesidades básicas de saúde, hixiene e vivenda.

O objectivo deste proxecto é combatirmos e previr a trata con fins de explotación sexual dende dous frentes esenciais: a parte da sociedade que a sustenta participando dela, e o apoio as mulleres que sobreviven nesta situación. Executamos estas accións sempre cunha clara perspectiva de xénero, entendendo que este tipo de violencia contra a muller é un problema estrutural e sistémico.

En concreto, creamos unha campaña audiovisual en redes sociais de información e sensibilización. Tamén elaboramos un kit preventivo con produtos de hixiene e protección, así coma información sobre a realidade e os riscos da trata. Finalmente, proporcionamos axudas directas de emerxencia.

Contamos cunha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia de 16.635,19€ para a súa execución en 2025. Axúdanos a lograr máis recursos para este proxecto asociándote agora a Ecos do Sur.


Primeira edición: 2025
Edición actual: 2025