Formación e emprego
dereitos · Migración · mulleres

Salvia

Diseñamos e implementamos itinerarios personalizados e accións específicas que favorecen a inserción sociolaboral das mulleres.

As mulleres migrantes atopan múltiples barreiras para acceder a un emprego digno. En primeiro lugar, sofren unha tripla discriminación relacionada coa súa orixe, a súa situación socioeconómica e o xénero. A isto súmase o descoñecemento dos recursos sociais e económicos aos que poden acceder. Ademais, moitas afrontan dificultades lingüísticas, o impacto persoal derivado do proceso migratorio e, en xeral, contan con redes de apoio social máis limitadas.

Desde o proxecto Salvia ofrecemos ás participantes unha atención integral e un acompañamento especializado mediante itinerarios personalizados, formación para o emprego e apoio á conciliación. Posteriormente, desenvólvese un proceso de intermediación laboral que inclúe accións de prospección de emprego. Tamén favorecemos o encontro entre empresas e participantes a través de actividades de networking e visitas programadas a iniciativas empresariais da contorna. Así mesmo, promovemos a realización de prácticas en empresas como paso previo á inserción laboral e á contratación. Este proxecto conta con actividades deseñadas para fortalecer os procesos de capacitación persoal e recuperación das mulleres que viviron violencia de xénero.

Financiado pola Xunta de Galicia, dende a Consellería de Política Social e Igualdade, e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, do Ministerio de Igualdade, con 68.303 euros no 2025 e 68.623 euros en 2026.


Primeira edición: 2016

Execución actual: 2026