Dereitos esenciais

Retrata

Xeramos oportunidades reais para reconstruír proxectos de vida

Levamos a cabo procesos que favorecen a autonomía, a inclusión social e o acceso aos recursos básicos de case un cento de mulleres.

O programa Retrata nace como unha resposta comprometida e necesaria ante unha das realidades máis invisibilizadas e complexas da nosa sociedade: a das persoas migrantes que foron vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, así como daquelas que viviron en contextos de prostitución ou explotación. Desde unha mirada integral e centrada nos dereitos, Retrata constrúese como un espazo seguro de acompañamento, recuperación e mellora da calidade de vida.

O seu propósito é acompañar a persoas, na súa maioría mulleres, que deciden iniciar un proceso de cambio, poñendo ao seu alcance oportunidades reais para reconstruír os seus proxectos vitais. Máis alá da atención inmediata, o programa aposta por procesos sostidos no tempo que favorecen a autonomía persoal, a inclusión social e o acceso a recursos en condicións de equidade, respectando sempre os ritmos e as decisións de cada unha. Todo isto desde un enfoque próximo, respectuoso e personalizado, que recoñece as traxectorias, fortalezas e tempos como eixo central da intervención.

Retrata conta cun financiamento do Ministerio de Igualdade de 89.108 euros para o seu desenvolvemento. Este apoio permite consolidar unha atención especializada e seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta, na que ningunha muller quede atrás e onde a violencia e a explotación atopen unha resposta colectiva baseada na protección, a reparación e a esperanza.

Súmate a Ecos do Sur e axúdanos a facer posible proxectos coma este.


Primeira edición: 2007
Execución: 2026