Dereitos esenciais
información · psicoloxía · retorno

Retorno Voluntario

Unha oportunidade para os que queiran volver

Acompañámoste no proceso de retorno ao teu lugar de orixe.

O Estado español ofrece oportunidades e axudas de retorno ás persoas que desexen volver aos seus lugares de orixe, a través do programa Retorno Voluntario.

Se este é o teu caso, en Ecos do Sur podemos informarte e acompañarte neste proceso, ¿Como o facemos?

Por unha banda, a través de campañas informativas sobre as axudas existentes para o retorno voluntario.

Estas campañas inclúen formacións para grupos de interese: outras entidades, personas traballadoras públicas en contacto con persoas migrantes, asociacións, colectivos migrantes e calquera colectivo ou persoa interesada en coñecer os procedementos necesarios para facer efectivo o retorno.

Por outra banda, sabendo que o proceso de retorno pode chegar a ser tan duro como o propio proceso migratorio, acompañámoste na tramitación e seguimento da solicitude destas axudas e ofrecémosche acompañamento psicolóxico que che facilite transitar este novo capítulo vital.

Esta iniciativa está xestionada con Red Acoge e conta cunha subvención de 28.859,09 euros para o período 2025-26 por parte do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, cofinanciado pola Unión Europea a través dos Fondos Europeos.

Axúdanos a acompañar ás persoas que queiran volver, faite de Ecos do Sur. Contamos contigo!


Primeira edición: 2014
Execución: 2025-2026