Información, apoio e probas gratuítas de detección do VIH
O programa de prevención do VIH.
Este proxecto, desenvolvido por Ecos do Sur, está aberto a calquera persoa sen recursos que precise acceder a métodos anticonceptivos de barreira, ou a unha proba de detección de virus. A proba é gratuíta e anónima garantindo o acceso e a privacidade de todas as persoas que o precisen.
Ademais, temos un punto de información permanente sobre VIH, métodos de prevención, os últimos avances en tratamentos e calquera dúbida que desexen formular as persoas que acudan á entidade. Do mesmo xeito, levamos a cabo acompañamentos sanitarios aos emigrantes que o precisen.
Dentro deste proxecto tamén levamos a cabo campañas de sensibilización co obxectivo de romper o tabú que segue existindo así como os prexuízos que, por desgraza, segue tendo parte da sociedade.
Financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia cun importe de 86.767,16 € dende 2025 a 2028. Súmate a Ecos do Sur e axúdanos a financiar proxectos coma este!
Primeira edición: 2005
Edición actual: Ata decembro de 2028
