Formación e emprego
Acollida · asesoría xurídica · emprego · formación · saúde mental · traballo social

Sementando Alternativas

Apoio personalizado a persoas en risco de exclusión

O programa Sementando Alternativas ofrece unha nova perspectiva social e laboral a persoas en risco de exclusión, favorecendo a igualdade de oportunidades a través da formación e a capacitación para o emprego en áreas rurais.

Un dos problemas da demografía galega é o despoboamento do rural, que deixa sen oportunidades ás novas xeracións. Sementando Alternativas busca dar resposta a esta realidade ofrecendo formación a persoas en risco de exclusión en ámbitos como a agricultura e gandería ecolóxica, turismo rural e outros perfís profesionais clave para o desenvolvemento sostible de vilas e aldeas.

Facémolo sempre con perspectiva de xénero, xa que con máis dun 18% de paro feminino —que ascende ao 40% entre as estranxeiras (INE)— as mulleres representan un colectivo vulnerable en materia de igualdade de oportunidades.

Traballamos a autonomía e a capacidade de decisión das persoas participantes, estudando o potencial individual e promovéndoo, co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral e o acceso aos dereitos básicos.

Este programa está financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, no marco do Plan Galego de Inclusión Social, e cofinanciado pola Unión Europea, cun importe de 30.280,57€ para 2025, 51.926,80€ para 2026 e 21.646,23€ para 2027.

Este proxecto tamén podería ser financiado por ti se te unes a Ecos do Sur.


Primeira edición: 2018

Carreira actual: 2025 a 2027.