Itinerarios personalizados para persoas en situación de grave exclusión
Inserción social traballando aspectos psicosociais que melloran a calidade de vida das persoas.
Un dos problemas da situación irregular dalgúns migrantes en Galicia é a exclusión social e laboral. Isto provoca unha situación de exclusión severa e un risco extremo de pobreza con terribles consecuencias vitais.
Desde este proxecto traballamos a autonomía e capacidade de decisión das persoas. Estudamos o potencial individual e promovémolo co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral e o acceso aos dereitos básicos.
Aínda que o tratamento é individual, promóvese a participación do grupo con actividades xeradoras de comunidade e cohesión.
Creamos un espazo no que compartir experiencias e problemas e traballamos as posibles solucións e alternativas dende o camiño vital e o momento común actual, sempre con perspectiva de xénero.
Este proxecto está financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e FSE+ da Unión Europea no marco do Plan Galego de Inclusión Social cun importe de 30.280,57 € para 2025, 51.926,80 € para 2026 e 21.646,23 € para 2027. Tamén o financiarías ti sendo socio/a de Ecos do Sur. Contamos contigo!
Primeira edición: 2018
Carreira actual: 2025-2027
