Itinerarios Personalizados de Inserción Sociolaboral de Migrantes
Este programa promove a educación, a formación, a inserción laboral, a acción social, así como a cobertura de necesidades e os dereitos básicos.
Un proxecto intensivo que nace para reducir o número de persoas en risco de pobreza en Galicia: 1 de cada 4 persoas en 2018 (INE, 2019). Immigra fai fincapé nos colectivos máis vulnerables afectados por esta situación. Conseguimos isto con accións grupais e individuais enmarcadas nun itinerario personalizado durante máis de dous anos.
O obxectivo principal é a inclusión social activa das persoas migrantes que enfrontan a pobreza e outras formas de discriminación. Centrámonos en quen máis sofre esta situación —case o 60% da poboación migrante—, con especial atención ás mulleres. O resultado é o empoderamento persoal, adquirindo competencias a través da formación, a asesoría e o apoio en saúde mental, o que lles permite mellorar a súa vida non só no eido laboral, senón tamén no persoal.
Financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia no marco do Plan Galego de Inclusión Social e FSE+ da Unión Europea cun importe de 30.280,57 € para 2025, 51.926,80 € para 2026 e 21.646,23 € para 2027.
Este proxecto tamén o financiarías ti se te asocias a Ecos do Sur.
Primeira edición: 2018
Execución actual: 2025 a 2027.
