Xeramos oportunidades para acadar un emprego
Abrimos camiños para facilitar empregos dignos.
O programa Protección Internacional Emprego está dentro do proxecto de Protección Internacional que levamos a cabo da man de Red Acoge e e ten como obxectivo que as persoas que chegan ao noso país poidan atopar un emprego e mellorar a súa calidade de vida na nosa comunidade, a través de formacións prácticas e acompañamento personalizado.
Traballamos con perfís moi diversos, adaptando cada itinerario ás súas necesidades e capacidades. Persoas procedentes de Senegal e Mali participaron en formacións sobre oficios como a construción ou a gandaría de leite no rural. Grazas a isto, non só accederon ao mercado laboral, senón que tamén atoparon un espazo onde medrar persoal e profesionalmente, ademais de favorecer a vida en lugares que perden poboación. En colaboración coa Fundación Laboral da Construción, facilitamos o acceso á obtención de certificados de profesionalidade. Este proceso conta co apoio clave de profesionais, que acompañan desde a primeira entrevista ata a incorporación a formacións con prácticas en empresas e acceso a bolsas de emprego.
Neste camiño, acompañamos itinerarios de persoas con alta cualificación académica, pero que atopan no idioma a súa principal barreira. Aínda así, conseguen redefinir as súas metas e orientar o seu futuro profesional co acompañamento personalizado das técnicas de emprego e o labor do profesorado de español.
Protección Internacional Empego está executado por Ecos do Sur, desde Red Acoge en varios territorios de España, financiado polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, cofinanciado pola Unión Europea, a través dos Fondos Europeos.
Podes apoiar este e outros proxectos semellantes asociándote a Ecos do Sur.
Primeira edición: 2021
Execución: 2026

