Programa de acollida a persoas refuxiadas
Coa axuda da Federación Red Acoge, facemos de Galicia unha terra acolledora. Aquelas persoas e familias que chegan ao noso país como refuxiadas ou que están a tramitar esta solicitude, atopan unha forma segura de integrarse e avanzar nos nosos barrios e comunidades.
O programa divídese en varias liñas de actuación que se complementan. Comeza cunha fase de recepción urxente en domicilio compartido con atención 24 horas de persoal técnico de Ecos do Sur. Continua cunha serie de accións para a impulsar a integración laboral: aprendizaxe de idiomas cando sexa necesario, formación específica e asistencia psicolóxica. Por último, preséntase un apoio personalizado para a busca de emprego e fogar propio que lles permita desenvolver a súa vida aquí.
Os proxectos nos que se subdivide o programa son:
- Acollida: unha liña que alberga as persoas refuxiadas e protexe os seus dereitos básicos.
- Vulnerables: enfocado á atención específica de mulleres en situación de risco.
Esta iniciativa desenvólvese no marco do Sistema Nacional de Acollida e Integración de Solicitantes e Beneficiarios de Protección Internacional, a través do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións cos seguintes importes aprobados para o período de xullo a decembro de 2025 son:
- Acollida: 282.495,06€
- Vulnerables: 43.689,24€
Asóciate a Ecos do Sur e contribúe ti tamén a seguirmos con este proxecto tan necesario.
Primeira edición: 2021
Execución: ata xuño 2026
