Formación e emprego
emprego · formación para o emprego · innovación sociolaboral · inserción laboral

Programa Integrado de Emprego 2025-26

Asesoría e formación para a inserción laboral estable

Innovación socio-laboral ao servizo de Galicia e as persoas en risco de exclusión.

Actualmente, asistimos a cidades en crecemento que presentan cifras de paro de colectivos en risco de exclusión en aumento. Especialmente, as persoas paradas de longa duración, as mulleres, as persoas migrantes, as perceptoras de RISGA e as maiores de 52 anos afrontan serias dificultades para a inserción laboral.

Por outra banda, no mercado laboral galego existe unha fenda entre a formación e os empregos demandados. Na Coruña e a súa área de influenza metropolitana (Arteixo, Culleredo, Oleiros, Cambre, Betanzos, Bergondo, Carral, Abegondo e Sada) hai escaseza de man de obra cualificada en sectores como o da hostalaría, a construción, o socio-sanitario e o da loxística, entre outros.

O presente proxecto ten en conta ambas problemáticas e ofrece un itinerario persoal baseado na promoción, formación e inclusión laboral de persoas inscritas como demandantes de emprego. Para logralo, incidimos na preparación nestes oficios con falta de man de obra. Ademais, incorporamos unha vía para o emprendemento: un xeito de crear riqueza e novos postos de traballo. Atenderemos a 100 persoas e temos o obxectivo de lograr a inserción de canto menos o 40%. Para facilitar a participación, inclúese unha bolsa de asistencia e un servizo de conciliación.

Alén da formación práctica en profesións con alta demanda, o Proxecto Integrado de Emprego de Ecos do Sur para 2025-2026 implanta varias innovacións:

  • Incorporamos a formación en novas tecnoloxías para reducir a fenda dixital.
  • Creamos redes de colaboración con espazos de encontro entre empresas e persoas desempregadas para xerar oportunidades reais.
  • Ofrecemos obradoiros de habilidades brandas como a comunicación, a responsabilidade social e a lexislación laboral.

Este proxecto está financiado con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia e fondos finalistas do Servizo Público de Emprego Estatal cun importe total de 200.699,32€ para 2025 e 2026.


Primeira edición: 2025
Edición actual:decembro de 2025 – decembro de 2026