Innovación narrativa para unha sociedade sen odio
Formación en arte e narrativa para fomentar a visibilidade da diversidade e combater o odio.
Temos unha certeza: as historias poden transformar as realidades. Como artistas, activistas, educadores, comunicadores, somos contadoras de historias e transmisoras de visións de futuro. E, nun momento no que as comunidades migrantes están ameazadas en todo o mundo, as súas historias, como expresións culturais, son máis importantes ca nunca.
Por iso, este proxecto afronta o auxe do discurso de odio e a discriminación cara as mulleres migrantes a través da movilización cultural e as redes colaborativas. Mediante a formación especializada con aplicación práctica, estas redes adquiren poder narrativo para crear e difundir novas historias. Así, A Portela LAB abre portelas en lugares insospeitados, para que flúan e se conecten as persoas, as ideas e as emocións.
Este proxecto conta coa financiación do Concello de A Coruña en materia de Igualdade cun importe de 6.140,08€ para 2025.
Axúdanos a seguir con iniciativas coma esta asociándote a Ecos do Sur.
Primeira edición: 2025
Edición actual: xaneiro de 2025 – decembro de 2025
