Formación e emprego
derechos · dereitos · mujeres · mulleres

Olimpia

Un espazo seguro para mulleres

Este programa está dirixido a protexer os dereitos das mulleres en situación de vulnerabilidade. 

Olimpia nace da necesidade de realizar formacións para coñecer os dereitos das mulleres, escoitar as súas necesidades específicas e convidar á súa participación activa, especialmente a daquelas que atravesan algunha situación de vulnerabilidade.

Impulsamos tamén accións tendentes a alcanzar a igualdade de xénero e erradicar as violencias machistas desde unha perspectiva intercultural e interseccional.

É no marco deste programa onde ten lugar o Obradoiro de Teatro de Mulleres Migrantes, que xa conta con varias edicións e creacións. O obxectivo deste espazo é que as participantes se sintan libres de opresións e de discriminacións que sofren en tanto mulleres, migrantes e/ou traballadoras, e que se atopen cun espazo con toda a potencia creativa da creación colectiva.

Este programa recibe o seu nome en honra a Olimpia de Gouges, escritora, dramaturga, filósofa e política francesa, autora da Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá, en 1791. Unha referente feminista temperá que foi asasinada na guillotina, e cuxa memoria perdura.

Olimpia está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a través dunha subvención de 61.612,61 euros para 2025 e 60.854,97 € para 2026, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, destinado á realización de actividades de interés xeral con fin social. Ti tamén podes ser parte deste proxecto asociándote a Ecos do Sur.

 


Primeira edición: 2018

Execución actual: 2026