Activación social
Discriminación · Novas tecnoloxías

ODiSeIA

Tecnoloxía contra o odio e a discriminación

Grazas a este proxecto reducimos a polarización que conduce á ruptura da cohesión social e ao escepticismo arredor da Axenda 2030, especialmente dos ODS de inclusión e igualdade.

Partimos do presencial-local cara ao online-global, xerando comunidades vinculadas por causas comúns que operan desde disciplinas diferentes e complementarias. Para conseguilo é imprescindible garantir recursos e optimizar a súa accesibilidade. Xeramos un modelo de capacitación que une, apoia e crea iniciativas transformadoras e persoas dispostas a levalas a cabo. Entre elas: formacións para a cidadanía, o persoal técnico e os profesionais de ámbitos clave, laboratorios de narrativa migrante e técnicas de sensibilización con Realidade Virtual.

Este proxecto realízase en estreita colaboración coa Universidade da Coruña, grazas á cal se teñen levado a cabo innovacións no marco das novas tecnoloxías como o Ecos ChatBot, unha ferramenta para informarse e loitar contra a discriminación e os delitos de odio.

Esta iniciativa conta cun financiamento por valor de 44.701,73 € da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no marco da Cooperación da Xunta de Galicia para o período 2024-2025. Ti tamén podes axudarnos con isto formando parte da Asociación. ¡Únete a Ecos do Sur!


Primera edición: 2024
Edición actual: 2024-2025