Investigación en igualdade
Investigación para explorar o potencial das artes como ferramenta de intervención para a transformación social das mulleres migrantes.
Mulleres Afronte é un proxecto innovador que desenvolvemos xunto coa Universidade de Santiago de Compostela. Mediante metodoloxías de investigación, deséñanse a cartografía de mulleres artistas e novas metodoloxías para traballar a igualdade de xénero, a partires das experiencias desenvolvidas por mulleres de Cabo Verde e Galicia.
Trátase de investigación aplicada en cooperación ao desenvolvemento que se centra en mulleres vinculadas á música e outras artes escénicas, partindo do potencial das artes como ferramentas de intervención para as transformación sociais.
O proceso de investigación e intervención inclúe unha primeira fase de mapeo que desenvolverase simultáneamente en Cabo Verde e Galicia. Nunha segunda fase difundirase o estudo nunha páxina web, crearase un ficheiro dixital cos datos recollidos e unha cartografía participativa.
O obxectivo final é crear unha metodoloxía de intervención a través das artes, que se aplicará nos obradoiros de igualdade de xénero que se impartirán en Cabo Verde e Galicia. Os produtos finais publicaranse nun portfolio de actividades e presentaranse nun acto, xunto cos resultados da investigación, na localidade de Burela.
Este proxecto está financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e a Unión Europea da Xunta de Galicia con 7.171,27 €. Asóciate a Ecos do Sur e contribúe a desenvolver proxectos innovadores coma este.
Primeira edición: 2023
Execución: 2023-2024