Formación e emprego
formación · mujeres · mulleres · Novas tecnoloxías

Miradas cara á Inclusión

Da fenda dixital ao emprego do futuro

Formación para mulleres en situación de vulnerabilidade.

Acompañamos a mulleres que atravesan diversas formas de vulnerabilidade para que poidan formarse e atopar un emprego no mundo dixital.

Falamos de mulleres migrantes, supervivientes de calquera tipo de violencia e/ou explotación, nais soas e desempregadas de longa duración, que, a través deste programa, adquiren novas ferramentas para ser parte do campo laboral.

Con elas realizamos un acompañamento laboral individual e personalizado, pero tamén accións grupais con énfase nas competencias dixitais, promovendo a superación da fenda dixital de xénero que xa se ten convertido nun novo factor de exclusión social, e favorecendo que poidan acceder a empregos cualificados.

As formacións son de distintos niveis, desde o acceso a procesos cotiáns ata a especialización, incluíndo becas de capacitación profesional en intelixencia artificial. Deste xeito, promóvese a inservión nun sector de alta demanda e escasa representación feminina.

E para que esta proposta sexa posible, empregamos unha metodoloxía flexible con énfase na conciliación, que contribúe a saír do círculo da exclusión social.

Esta iniciativa conta cun financiamento de 21811€ da Fundación La Caixa.

E ti tamén podes ser parte dela sumántote a Ecos do sur.


Primeira edición: 2017

Execución actual: 2025 – 2026.