Microcredenciais, innovando na formación
Formación a través de microcredenciais para impulsar a carreira profesional das persoas vulnerables.
Unha das situacións máis frustrantes para as persoas que se atopan en situacións de vulnerabilidade xorde das demandas formativas dun mercado laboral cambiante. A crecente necesidade de ter que demostrar calquera tipo de coñecemento e saber pode expulsar do sistema a moitas persoas válidas, capaces e dispostas a ofrecer o seu potencial no mercado laboral.
Ao mesmo tempo, a formación regrada marca prazos de realización e esixencias de dedicación que non son viables para moitas persoas que necesiten traballar, coidar de menores ou familiares a cargo, ou que non gozan da regularidade administrativa esixida.
Este innovador proxecto piloto explora a formación a través de microcredenciais, formacións semipresenciais para a acreditación de coñecementos profesionais das persoas en situación de vulnerabilidade. En concreto, realizamos formación no sector do emprego doméstico e asistencial para que as persoas poidan atopar traballo e regularizar a súa situación.
Esta iniciativa está xestionada con Red Acoge e conta cunha subvención de 7.190,62 euros polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións para o ano 2024, e co financiada pola Unión Europea. Axúdanos a innovar na formación, faite de Ecos do Sur. Contamos contigo!
Primeira edición: 2024
Execución: 2024