Un reforzo e fortalecemento da área de igualdade.
Con esta iniciativa impulsamos os proxectos de Ecos do Sur para a protección dos dereitos esenciais das mulleres. Igualmente, logramos o mantemento das formacións e accións para a procura de emprego de mulleres vítimas da violencia de xénero. Finalmente, completaranse estas liñas de acción co reforzo da activación social fronte ás desigualdades de xénero.
O Concello da Coruña dende a súa área de igualdade fai posible este proxecto cunha subvención de 5.368,27 euros para o ano 2024.
Ti tamén podes axudarnos a reforzar os nosos proxectos de igualdade e mulleres asociándote agora a Ecos do Sur.