Formación e emprego
formación · mulleres · rural

Itinerarios Mulleres: Rural-Urbano

Inserción sociolaboral da muller

Atendemos a aquelas mulleres inscritas como demandantes de emprego que, pola súa situación de vulnerabilidade, teñen maiores dificultades para conseguir emprego.

Este proxecto ten lugar na Coruña e nos territorios rurais de Curtis, Vilasantar e Sobrado dos Monxes co obxectivo de proporcionar oportunidades laborais mediante a formación para os postos de traballo necesarios nestes medios rurais.

Atendemos as necesidades específicas de cada muller, dende o que quere acadar profesionalmente ata cuestións máis prácticas como a conciliación familiar ou o apoio ás necesidades básicas. O obxectivo é que poidan acceder a formación gratuíta que se deseña para lograr a inserción no mercado laboral galego, especialmente no medio urbano e no rural.

Terán acceso a diversos obradoiros pensados ​​para axudarlles a acadar autonomía na súa busca de emprego. Ademais, fomentamos a adquisición de coñecemento para empregos verdes vinculados ás novas tecnoloxías.

Para rematar, realizamos un traballo de intermediación e prospección laboral para a inserción laboral das mulleres do programa, facilitando experiencias laborais e acompañando ás empresas na integración destas mulleres.

Esta iniciativa conta cunha subvención de 66.450 euros pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para o período 2023-2024. Son moitas as mulleres que precisan acceder ao emprego, axúdanos coa túa achega, faite de Ecos do Sur. Contamos contigo!

 


Primeira edición: 2023
Execución: 2023-2024