Tecnoloxía ao servizo dos dereitos humanos
Grazas a este proxecto desenvolvemos ferramentas de business inteligence que aumentan a eficacia do seguimento de itinerarios personalizados.
A nosa metodoloxía de traballo coas persoas sempre é individual e adaptada ás necesidades de cada caso. Para logralo, realizamos unha acollida da persoa, un estudo diagnóstico da súa situación e creamos un itinerario personalizado de accións. As persoas beneficiarias, deste xeito, poden acceder xustamente ao que necesitan, xa sexa en servizos da entidade sobre dereitos esenciais, en formación ou inserción laboral.
O proxecto presente permitirá mellorar as nosas ferramentas informáticas para a realización da nosa metodoloxía de atención personalizada, facilitando o traballo dos profesionais e mellorando, sobre todo, a atención ás persoas que o precisan.
Esta iniciativa conta cun financiamento por valor de 12.644,50 € da Deputación da Coruña para o ano 2024. Ti tamén podes axudarnos con isto formando parte da Asociación. Únete a Ecos do Sur!
Primeira edición: 2023
Edición actual: 2024