Activación social
activación social · Galicia · interxeneracional · rural · voluntariado

Habita sen idade

Xoves e maiores conectados no rural galego

Un proxecto de voluntariado interxeneracional para por en valor o rural galego e a terceira idade.

Realizamos encontros entre mulleres con persoas migrantes para que compartan experiencias, xeneren redes de apoio e aumente a integración a través do intercambio cultural. De forma transversal, desenvolvemos accións de sensibilización social para a ciudadanía global, cimentando comunidades abertas e orgullosas da súa diversidade.

Pomos en valor a dinamización do rural e buscamos o aumento da participación interxeneracional nestes lugares. Estas actuacións son importantes a futuro e como axentes do cambio para as próximas xeneraciones. A finalidade deste proxecto é a construción dunha conciencia crítica e social en Galicia a través da creación de redes de apoio e a dinamización do rural.

oAs actividades que levamos a cabo están en líña coas necesidades das poboacións en risco de exclusión dos nosos pobos e aldeas. Ademáis, buscan promocionar el voluntariado coma forma de transformación social. Facer voluntariado pasa a ser un xeito relevante de activación social que convirte ás persoas en referentes da súa comunidade.

Este proxecto ten financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galica de 16.848,10€ para 2025. Ti tamén podes facer deste proxecto a túa causa se te unes a Ecos do Sur. Asóciate!


Primeira edición: 2022
Edición actual: 2025