Activación social
fenda dixital · interxeneracional · Migración · rural · sensibilización · voluntariado

Habita Sen Idade 2.0

Cando xeracións diferentes se atopan, nacen comunidades máis fortes.

No rural galego hai casas cheas de memoria e persoas con ganas de compartir tempo, saberes e experiencias. Tamén hai xente nova que busca un lugar onde sentirse parte, aprender e construír futuro. Habita Sen Idade nace para xuntar eses camiños.

Este proxecto promove o voluntariado interxeracional en concellos rurais da Coruña e Lugo, como Xermade, Muras, Ourol, Curtis, Sobrado dos Monxes ou Vilasantar. En lugares marcados polo envellecemento e a perda de poboación, créanse espazos de encontro onde as persoas se coñecen, colaboran e tecen relacións que rompen o illamento e fortalecen a vida comunitaria.

A través de actividades compartidas —como a recollida de historias de vida, accións fronte á desinformación ou o coidado da contorna natural— persoas maiores e persoas chegadas doutros lugares traballan xuntas, aprenden unhas das outras e constrúen unha mirada común sobre o territorio. O intercambio de experiencias axuda a preservar a memoria local, combater prexuízos e fomentar o respecto mutuo.

Este proxecto conta cunha subvención da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, financiado por la Unión Europea – NexGenerationEu, por un total de 24.916,11 € para o ano 2026. Súmate a Ecos do Sur e axúdanos a seguir creando comunidades máis humanas, vivas e solidarias.