Un proxecto de vida no rural galego
Buscamos renovalo, acabar co despoboamento, mitigar o envellecemento e identificar novas oportunidades.
O obxectivo de Habita Rural é revitalizar o rural galego, freando o despoboamento e o abandono de terras produtivas e de vivendas, ao tempo que se identifican novas oportunidades de vida e traballo para persoas en situación actual de vulnerabilidade.
Como o facemos?
- Identificamos persoas en situación de vulnerabilidade que viven na cidade e que estean dispostas a traballar e vivir en zonas rurais.
- Ofrecémoslles capacitación para realizar ese cambio nas mellores condicións.
- Atopamos oportunidades laborais, tanto por conta propia como allea, e detectamos vivendas que poidan resultarlles atractivas.
Na actualidade estamos a traballar cos concellos de Xermade, Muras e Ourol (Lugo) e Sobrado, Vilasantar e Boimorto (A Coruña).
Esta iniciativa conta cunha subvención de 101.522,44 € para 2025 e 88.050,77 € para 2026, concedida pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia na súa convocatoria de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF.
Este proxecto tamén estaría financiado por ti se te asocias a Ecos do Sur.
Primeira edición: 2020
Execución: 2026
