Sementando oportunidades no rural
Loitamos contra o envellecemento e a perda de poboación no rural galego mediante a reactivación social e económica que favoreza o traslado das cidades ao rural.
Este programa desenvólvese nos municipios gallegos de Xermade, Ourol y Muras con actuacións que fomentan que as persoas vulnerables de zonas urbanas saturadas que dificultan saír da exclusión sociolaboral, se trasladen a territorios rurais.
Cunha mentalidade innovadora, buscamos que estas persoas sexan activadoras do cambio socioeconómico que precisa o rural galego en decadencia. Creamos formación para a empresa, proporcionamos capacidades e cualificacións que lles permiten desenvolver empresas no medio rural de Galicia. Isto xera un marcado grao de empoderamento e autonomía das persoas vulnerables, pero tamén enriquece o ecosistema social e emprendedor do rural.
Ademais, acompañamos o proxecto da bolsa de emprego no rural ao que teñen acceso as empresas e comercios dos citados concellos, xa que o emprendemento non é a única vía para reactivar a economía rural.
O proxecto conta cun sistema de mellora continua co obxectivo de poder levar as iniciativas a outros concellos da xeografía galega e forma parte dunha iniciativa máis ampla denominada Habita Rural que se leva a cabo en Ecos do Sur dende 2020.
Esta iniciativa conta cunha subvención de 88.723 euros polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico do Estado para o período 2022-2024. Axúdanos a reactivar o rural galego coa túa achega, únete a Ecos do Sur. Contamos contigo!
Primeira edición: 2020
Execución: 2022-2024