Un fogar seguro cambia unha vida enteira. E tamén o futuro dunha familia.
Ter un teito non é só ter un lugar onde durmir. É poder coidar, educar e construír proxectos de vida con dignidade. Fogar Familia nace para garantir ese dereito básico a familias que, sen apoio, quedarían fóra do acceso á vivenda.
O proxecto impulsa a adquisición dunha vivenda na cidade da Coruña para acoller de forma temporal familias con menores que atravesan situacións de extrema vulnerabilidade. Fogar Familia ofrece un espazo seguro, normalizado e pensado para a convivencia. Un lugar onde as familias poden parar, coller folgos e recuperar a confianza mentres reciben acompañamento social e laboral. O obxectivo non é só dar acollida, senón facilitar unha saída real cara a unha vivenda propia, ao emprego e á autonomía.
Con este proxecto evitamos situacións límite: a separación de nais, pais e fillas, a institucionalización dos menores ou a cronificación da pobreza. Apostar por un fogar é apostar por dar unha base ás familias para construír unha vida protexendo á infancia, dando emocional e apostando por comunidades máis xustas e cohesionadas.
Este proxecto conta cunha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF, por un importe de 150.000 €.
Súmate a Ecos do Sur e axúdanos a facer posible un fogar onde comezar de novo.
Primeira edición: 2026
Execución: 2026
