Mellora da empregabilidade e creación de redes de apoio
Un proxecto de voluntariado para ensinar inglés a poboación en situación de vulnerabilidade.
Ecos do Sur impulsa “Falamundo”, un programa que aposta pola formación para incrementar as habilidades para o emprego mediante a aprendizaxe do inglés. Deste xeito promovemos a creación de redes de apoio a través do voluntariado.
Con Falamundo promóvese a participación social de persoas maiores de 55 anos e de colectivos en situación de vulnerabilidade. Concretamente, persoas migrantes, menos presentes na acción voluntaria. A través deste proxecto fomentamos a cooperación interxeracional e o intercambio intercultural como forma de aprendizaxe mutua.
Este proxecto conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia por un total de 300,00 € para o ano 2025.
Ti tamén podes formar parte do cambio. Asóciate a Ecos do Sur!
Primeira edición: 2022
Edición actual: 2025
