Programa para formar en corresponsabilidade
Medramos en equipo, compartindo coidados, responsabilidades e futuro.
A corresponsabilidade é a chave para avanzar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria. Significa repartir equilibradamente as tarefas domésticas, os coidados e as responsabilidades familiares. Isto asegura que mulleres e homes poidan gozar do seu tempo e proxectos de vida en igualdade. As mulleres adican o dobre de tempo caos homes a estas tarefas. Esta desigualdade é o que repercute negativamente nas súas oportunidades, benestar e desenvolvemento persoal. Finalmente, tradúcese tamén nunha maior precariedade e pobreza laboral, especialmente entre as persoas máis vulnerables.
Durante a pandemia quedou máis patente ca nunca: o 70% dos coidados recaeu sobre as mulleres, con sobrecargas derivadas do teletraballo, o peche das escolas e a conciliación forzada. Isto demostrou que a participación activa dos homes no coidado e na vida familiar non é opcional, senón imprescindible.
O Programa Equipa, impulsado por Ecos do Sur, contribúe á erradicación das desigualdades de xénero e ao fomento da corresponsabilidade nos diferentes modelos de familia. A través de formacións, obradoiros e actividades, incorporamos módulos específicos de igualdade dirixidos tanto a mulleres como a homes, xerando espazos de aprendizaxe, reflexión e compromiso.
Esta iniciativa conta co apoio financeiro da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e da Secretaría de Estado de Igualdade e Erradicación da Violencia Contra as Mulleres do Ministerio de Igualdade, dentro do Plan Corresponsables, con 3.036,90 € para o ano 2025.
Axúdanos a seguir con iniciativas coma esta formando parte de Ecos do Sur.
Primeira edición: 2024
Edición actual: 2025
