Un kit de ferramentas para a representación ética
Creamos rede de entidades en Europa para promover a representación ética de grupos sociais discriminados históricamente.
Xunto a varias entidades de Lituania, Letonia e Países Baixos, Ecos do Sur desenvolverá durante dous anos unha solución multimedia para promover a comunicación ética. Crearemos un conxunto de recursos que faciliten esta labor a comunicadores, responsables de espazos de representación cultural e entidades sin ánimo de lucro.
Dirixido a un público novo, en formación ou nos seus primeiros anos profesionais, a ferramenta servirá como guía para poder sumarmos do lado das novas narrativas. Garantir a representación respetuosa, non victimista e ética das persoas xenerará unha nova imaxe social dos migrantes, persoas con diversidade funcional, LGTBIQ+ e as minorías étnicas.
Ademáis, crearánse e impartiránse formacións para coñecer e aprender a usar o kit de recursos multimedia para a representación ética. Todo isto nos diversos idiomas das entidades participantes, así como en inglés para aumentar o alcance público.
Este proxecto está co-financiado pola Unión Europea na línea de subvencións Erasmus+ cun importe de 117.700 euros para dous anos.

Axúdanos a seguirmos con iniciativas coma esta asociándote a Ecos do Sur.
Primeira edición: 2025
Edición actual: Abril de 2025 – Marzo de 2027
