Activación social
empresas e institucións · formación · racismo

Deconstruíndo o racismo

Promovemos a diversidade desactivando o racismo

Fortalecemos aos equipos que traballan con persoas migrantes para construír unha sociedade máis xusta e inclusiva. 

Grazas a este proxecto combatemos o racismo, a xenofobia e a discriminación a nivel estatal. Facémolo ofrecendo formación práctica e adaptada a profesionais que están en contacto directo con personas migrantes. O noso obxectivo é crearmos espazos seguros de diálogo e dotar de ferramentas que promovan a igualdade de trato e o respeto á diversidade.

Analizamos os contextos locais para coñecer as barreiras e necesidades de moitas persoas que non están sendo cubertas. Ademáis, ofrecemos recursos prácticos que impulsen cambios en institucións e comunidades cara modelos máis inclusivos e diversos. Finalmente, brindamos ferramentas e coñecementos especializados que permitan transformar os marcos de actuación institucional e social cara prácticas inclusivas e respetuosas da diversidade.

Máis que prevenir a discriminación, buscamos transformar a cultura e as institucións, desmantelando as lóxicas racistas e fomentando comunidades cohesionadas e igualitarias.

Deconstruíndo o racismo está executado por Red Acoge en varios territorios de España. En Galicia, desenvólvese xunto a Ecos do Sur, cun orzamento de 11.011 euros, financiado polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones, cofinanciado pola Unión Europea a través dos Fondos Europeos.

Podes apoiar este e proxectos semellantes asociándote a Ecos do Sur.


Primeira edición: 2025
Execución: 2026