Activación social · Dereitos esenciais
formación · sensibilización

DAAR

Voluntariado para crear unha sociedade de acollida

Este proxecto está dirixido a impulsar a participación de persoas voluntarias que pola súa experiencia profesional e/o vital achegan un valor fundamental á sociedade.

Daar é un proxecto que promove a participación das persoas voluntarias na nosa organización, xerando unha experiencia enriquecedora tanto para quen recibe apoio como para quen o ofrece. Ademais, en moitos casos, as persoas usuarias tamén poden converterse en voluntarias, reforzando así a idea de que as persoas beneficiarias finais deste programa somos toda a sociedade no seu conxunto. Ofrecemos tres opcións de voluntariado: sénior, compartindo experiencias vitais ou formación; xuvenil, enfocado á realización de actividades de lecer; e o corporativo, implicando a diferentes empresas ou entidades.

Ante as diferentes dificultades que pode experimentar unha persoa migrante que chega a un novo país, Daar propón crear lazos de unión e tender pontes mediante a participación en diferentes actividades de lecer da comunidade; creando redes de axuda, eliminando barreiras de inclusión e fortalecendo os piares dunha sociedade diversa e acolledora.

Iniciativa que conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta a través dunha subvención de 13.835,49 euros para 2025, e de 14.714,46 euros para 2026. Podes financiar proxectos como este facéndote asociándote a Ecos do Sur ou participar no voluntariado a través de este enlace.


Primeira edición: 2019
Execución: 2026