Formación para a inclusión lingüística
Cursos gratuítos de nivel básico e intermedio de español e galego para persoas estranxeiras.
Estas formacións están dirixidas a persoas que desexan e necesitan coñecer o español e o galego, pero que teñen dificultades para acceder a formacións regradas ou con custo.
O noso profesorado experto imparte estas clases presenciales gratuítas que permiten a integración grazas al coñecemento deas linguas cooficiais que se empregan en Galicia. O idioma é unha gran barreira que impide o acceso a dereitos, polo que o seu aprendizaxe abre as portas a dereitos esenciais: administración, educación, sanidade, benestar social, traballo…
Estes cursos son a base e o complemento dos itinerarios das persoas que acoden á entidade e son nativos en idiomas allenos ao español e ao galego. Ademáis, procuramos tamén a inclusión do galego entre as capacidades lingüísticas daquelas persoas que xa coñecen o español.
Estas formacións son posibles grazas á subvención da Consellería de Política Social de la Xunta de Galicia cunha cuantía de 8302,25€ para 2025, 30340,95 para 2026 e 9509,85 para 2027.
Súmate ti tamén para facer posible que cheguemos a máis persoas facéndote da asociación, ¡únete a Ecos do Sur!
Primeira edición: 2018 (español) e 2020 (galego)
Execución: 2025-2027
