Proxecto de capacitación para o emprego
Formacións destinadas a persoas en situación, ou en risco, de exclusión social.
A mellora das competencias chave e do currículo das persoas en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión é esencial para lograr a súa inclusión no mercado laboral, pero tamén para a súa integración na sociedade e, a nivel persoal, a mellora da súa autoestima.
Mediante este proxecto proporcionamos a formación necesaria para superar o exame de Competencias Clave de Nivel 2 e 3.
Ademais:
- Xeramos cursos gratuítos de alfabetización dixital e uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
- Estes cursos fomentan a inclusión social e laboral das persoas e reducen a fenda de xénero no uso de tecnoloxías.
- Capacitamos as persoas maiores no uso de ferramentas dixitais da vida cotiá.
Esta iniciativa conta cunha subvención de 43.607,53 € para 2025 e 38.815,27 € para 2026 por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Son moitas as persoas que necesitan un maior apoio, axúdanos coa túa contribución, faite de Ecos do Sur. Contamos contigo!
Primeira edición: 2018
Execución: 2026
