Aluga e desfruta da tranquilidade
Co-habita Vivenda, unha solución aos problemas de moitas persoas propietarias dunha vivenda.
Propoñemos solucións aos problemas residenciais en Galicia. Especialmente aos problemas de manter unha vivenda baleira, fóra do mercado de aluguer, porque supón preocupacións como:
- Elevados custos de mantemento sen retorno.
- Risco de incidentes (inundacións, incendios, avarías, etc).
- Riscos de entrada sen consemento, vandalismo, roubos, etc.
Co-habita Vivenda é un programa respaldado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Os seus obxectivos son desbloquear estes problemas a través dun proceso de acompañamento ás persoas propietarias que buscan a tranquilidade de alugar sen sobresaltos. Ecos do Sur acompáñate en todo o proceso para que atopes á persoa idónea para ser a túa inquilina.
Inscríbete no programa e terás acceso prioritario e gratuíto a estes servizos e garantías:
- Asesoramento xurídico para realizar o contrato de arrendamento, así como calquera dúbida respecto ao mesmo que poidas ter.
- Axuda para realizar todos os trámites pertinentes para formalizar o aluguer.
- Selección de potenciais inquilinas segundo as túas necesidades concretas, e as coñocerás con calma antes de formalizares o contrato.
- Seguemento das persoas que acceden ás vivendas e mediación ante calquera necesidade. Se o desexas, apoiarémoste no establecemento e seguemento de normas de convivencia.
- Estaremos a teu carón para te apoiares ante calquera necesidade.
Se queres contar con estes servizos, estamos á túa disposición para te ofrecer máis información sobre as vantaxes de Co-Habita Vivenda. Contáctanos sen compromiso. Podes solicitar cita con Irune Rial, responsable do programa:
- Chama ou WhatsApp ao 698 139 235
- Email a: irune.rial@ecosdosur.org
- En persoa nas nosas oficinas de A Coruña: Avenida de Finisterre, 109 bajo
Tamén podes consultar este DOSSIER INFORMATIVO DE CO-HABITA VIVENDA.
