Formación e emprego
emprego · emprendemento · formación

Circulab

Laboratorio de iniciativas

Un servizo de apoio á inclusión sociolaboral por itinerarios personalizados para o fomento do autoemprego de persoas en risco de exclusión.

Aportamos a información e formación necesarias para que as persoas logren emprender os seus propios proxectos basados no concepto de economía social e a estrutura da economía circular. Facémolo coun diagnóstico individual, pero en actividades de grupo que xeran sinerxias entre as persoas participantes.

Un dos problemas da situación de precariedade laboral en Galicia é a dificultade que conleva para a regularización das persoas migrantes. Isto provoca unha situación de exclusión severa con terribles consecuencias vitais sexa cal sexa a formación e as experiencias laborais da persoa.

Abrimos o camiño para unha alternativa a través do autoemprego a persoas con potencial e boas ideas que só necesitan unha oportunidade para salir da súa situación. Unha solución que produce un gran valor engadido á economía de Galicia. Coñece algún dos proxectos nacidos de Circulab no noso Catálogo de Emprendemento.

Financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia no marco do Plan Galego de Inclusión Social con 103.853,6€ para 2025-2027.

Ti tamén podes contribuir a este proxecto e á súa continuidade asociándote agora a Ecos do Sur.


Primeira edición: 2018
Execución actual: desde maio do 2025 a abril do 2027